A nosa Cuba, unha Galiza insular no Caribe

A emigración é sempre un drama. Primeiramente para aquelas persoas obrigadas pola miseria e as necesidades económicas a abandonar a súa terra cara a un destino descoñecido, onde maioritariamente desenvolven a súa vida en condicións de máxima precariedade e na maior parte rematan por fracasar respecto aos seus obxectivos iniciais. Mais tamén para o país de orixe dos emigrantes, obrigado a expulsar unha parte substantiva da súa poboación máis dinámica e privado dun continxente humano esencial para o seu desenvolvemento.
IMG_20250719_0002
Emigrantes de Foz, na comarca da Mariña, no seu comercio de Santiago de Cuba en 1917. (Foto: Arquivo de Xosé Ramón Ermida)
O drama da emigración galega a Cuba vén de vello. A súa presenza con certa significación na illa xa se percibe nas décadas finais do século XVIII, como consecuencia, segundo a profesora da…
 
Debes estar rexistrado para ler este contido
Poderás rexistrarte co teu correo. É rápido e gratis.
Precisa axuda? Envíanos un correo electrónico a subscricion@nosdiario.gal.
Comentarios