Conexión industria-rural: a fotografía de Damián Ucieda
No contexto das dinámicas do capitalismo contemporáneo, a tensión entre o industrial e o rural, a presión sobre os recursos e as mobilizacións sociais en defensa da terra configuran un escenario no que a fotografía de Damián Ucieda funciona como ferramenta de análise do territorio. O seu traballo de observación e seguimento permite examinar os efectos dos procesos produtivos, ambientais e sociais sobre as comunidades, situando estas alteracións —desde a central termoeléctrica das Pontes de García Rodríguez até as áreas ameazadas por proxectos extractivistas, como a sobreexplotación eólica nos montes galegos e a proxección da macrocelulosa Altri na comarca da Ulloa— nun contexto de crise ecosocial e de reflexión sobre as súas implicacións futuras.
A imaxe, entendida como ferramenta de observación crítica, vai máis alá da súa condición de escena e permite analizar as relacións entre a paisaxe, a industria e a comunidade. Damián Ucieda (A…
Debes estar rexistrado para ler este contido
Se xa tes unha conta, inicia sesión
Poderás rexistrarte co teu correo. É rápido e gratis.
Precisa axuda? Envíanos un correo electrónico a subscricion@nosdiario.gal.