Transferencias paralizadas: 12 anos sen novas competencias para Galiza

BNG e PSdeG pedirán a transferencia de novas competencias á Galiza na próxima sesión plenaria, que decorrerá a semana que vén. Anunciárono hoxe ambas as forzas políticas. Galiza non recibe ningunha nova competencia desde 2009. Após un inicial empuxe nos anos inmediatamente posteriores á aprobación do Estatuto de Autonomía e unha segunda vaga na década dos 90, o traspaso de competencias mantense estancado, até o punto de que o Goberno galego continúa a día de hoxe sen xestionar materias atribuídas como exclusivas no texto estatutario de 1981. Analizamos as chaves desta situación con motivo do 40 aniversario da proclamación do Estatuto.
O presidente do Parlamento da Galiza, Miguel Santalices, intervindo no acto conmemorativo do 40 aniversario da aprobación do Estatuto, o pasado 12 de abril, en Compostela. (Foto: Europa Press)
photo_camera O presidente do Parlamento da Galiza, Miguel Santalices, no acto conmemorativo do 40 aniversario da aprobación do Estatuto. (Foto: Europa Press)
Os grupos da oposición, BNG e PSdeG, anunciaron hoxe que volverán pedir no Parlamento o traspaso de competencias á Galiza. O groso das actualmente xestionadas pola Xunta da Galiza transferíronse nos…
 
Debes estar rexistrado para ler este contido
star
Poderás rexistrarte co teu correo. É rápido e gratis.
Precisa axuda? Envíanos un correo electrónico a [email protected].
Comentarios