18-F

"Son a candidata de quen quere cambio": Ana Pontón móstrase "preparada" para gobernar a Xunta

"Estou máis preparada que nunca", salientou Pontón nunha comparecencia ante os medios de urxencia tras saberse a data.
Ana Pontón en rolda de prensa (Foto: Europa Press).
photo_camera Ana Pontón en rolda de prensa esta quinta feira. (Foto: Europa Press).

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, presentouse como a "candidata de todos os que queren cambio" na Galiza, coñecida xa a data electoral do 18 de febreiro que vén de anunciar o presidente da Xunta, Alfonso Rueda. "Estou máis preparada que nunca", salientou nunha comparecencia ante os medios de urxencia tras saberse a data.

Pontón dixo que é "unha gran noticia" coñecer a data e asume o día de forma "práctica", sen entrar a valorar a coincidencia coas datas de entroido ou que o anuncio coincida co inicio do período de nadal.

"Facer historia"

A líder nacionalista asegurou que é posíbel "facer historia" e dixo que ten un "compromiso claro" cos galegos, aos que non vai prometer "o que non poida cumprir" nin "imposíbeis", e que presentará iniciativas para "mellorar a vida das persoas".

Nada máis coñecerse a data electoral, o BNG lanzou a súa primeira campaña en redes sociais unha campaña na cal exhiben que "están preparadas" e culminan cun "Ana Pontón, presidenta".

Comentarios