28-M

Rueda continúa a campaña en Ribadeo arroupando o seu alcaldábel na localidade mariñá, Daniel Vega

O líder dos populares galegos reivindicou Ribadeo como a carta de presentación da Galiza para todos os que acceden ao país polo norte.
Vega e Rueda esta quinta feira en Ribadeo (Foto: PP).
photo_camera Vega e Rueda esta quinta feira en Ribadeo (Foto: PP).

O presidente do PP na Galiza así como da Xunta, Alfonso Rueda, visitou esta quinta feira Ribadeo en compañía do candidato do PP á Alcaldía da localidade mariñá, Daniel Vega, e o coordinador do PP de Lugo, José Manuel Balseiro.

O alcaldábel tivo así a oportunidade de mostrar ao líder dos populares galegos algúns dos puntos máis emblemáticos da vila, como o céntrico parque de San Francisco ou a edificación indiana que acolle o Mercado de Abastos.

Dous puntos dun percorrido que transcorreu polas rúas do Bierzo, Rodríguez Murias e Ramón González.

Vega aproveitou a visita para reiterar o seu agradecemento a Alfonso Rueda polo seu apoio.

Unha actitude que contrapuxo á “parálise política provocada polo actual Goberno municipal e que o popular aspira a reverter a partir do 28 de maio ofrecendo aos veciños un goberno serio e solvente”.

Ribadeo como carta de presentación

Pola súa parte, o líder dos populares galegos reivindicou Ribadeo como a carta de presentación da Galiza para todos os que acceden ao país polo norte, apostando “por un Goberno á altura do que os ribadenses merecen e necesitan e da man dun traballador incansábel e con ideas novas como Daniel Vega”.

Comentarios