18-F | Barómetro para Nós Diario

Quen leva o último e decisivo escano? Consulta aquí a loita en cada circunscrición

O BNG defende a última acta en tres circunscricións e DO en Ourense, segundo o barómetro electoral elaborado por EM-Analytics para 'Nós Diario'.
Screenshot_20240120_102528_Samsung Internet
photo_camera Así está a loita polos últimos escanos.

A repartición de escanos por medio da Lei D'Hondt e a elevada barreira electoral que impuxo no país o popular Manuel Fraga (5%) xogarán un papel decisivo na configuración da 'foto final' do vindeiro 18 de febreiro. Na circunscrición da Coruña están en xogo 25 escanos; na de Pontevedra, 22, e nas de Lugo e Ourense, 14 en cada unha delas. A batalla pola última acta para entrar no Parlamento da Galiza será crucial e determinará o resultado das eleccións.

E quen tería nestes momentos ese último escano e quen podería arrebatarllo? Con base no barómetro electoral elaborado polo Instituto Demoscópico EM-Analytics para Nós Diario que se publica íntegro no xornal deste sábado, 20 de xaneiro, o BNG sería a formación política que fecharía a repartición de escanos en tres circunscricións —A Coruña, Lugo e Pontevedra— e, por tanto, tamén a que podería perdelos máis facilmente.

Pola contra, na de Ourense esa última acta sería para Armando Ojea, o candidato de Democracia Ourensá, que co 5,8% de sufraxios que lograría nos comicios tería moi complicado defendela ante BNG e PP, os seus inmediatos competidores.

Comentarios