O PP baixa nas sete cidades galegas

O Partido Popular perde apoio nas sete cidades galegas, pero mantense como forza máis votada, e en Lugo supera 50% dos votos emitidos. O BNG logra ser segunda forza nas urbes, excepto en Vigo, a única onde o PSdeG se sitúa en segunda posición.

Vista de Vigo (Imaxe: Rtve)
photo_camera Vista de Vigo (Imaxe: Rtve)

A perda de votos que Alberto Núñez Feixoo sufriu este 12 de xullo nas sete cidades galegas non lle fixo perder a primeira posición en todas elas. Con todo, Lugo é o único emprazamento onde logra superar 50% dos apoios, en concreto 51,04%, ao pouco de completarse o escrutinio, perdendo medio millar de sufraxios. 

O BNG sitúase como segunda forza en todas as cidades, aumentando en sufraxios e porcentaxe, salvo na de Vigo, a única onde o PSdeG logra o segundo posto. Nesta, a suma de socialistas, nacionalistas e Galicia en Común supera en 40.000 votos o PP, a ventaxa en Pontevedra sobre os populares é de 2.000 votos, na Coruña a vantaxe sobre Feixoo é máis axusta, con escasos 1.000 votos ao igual que en Ourense.

En Ferrol o resultado tamén está empatado, cunha lixeira vantaxe sobre a esquerda e o nacionalismo, ao revés que en Santiago, onde o PP ten un cento máis de votos que a suma de BNG, PSdeG e En Común, a falta de recontar o 100% dos votos. 

 

A INFORMACIÓN GALEGA ESTÁ NA TÚA MAN!

Subscríbete ao noso boletín de novas.

Date de alta de balde e recibirás unha selección dos nosos artigos para saberes o que acontece.

comentarios