O PP veta unha proposta contra as "represalias" na CRTVG

A iniciativa socialista pedía reprobar o director xeral dos medios públicos galegos.
Instalacións da CRTVG en San Marcos, Santiago de Compostela (Foto: CRTVG).
photo_camera Instalacións da CRTVG en San Marcos, Santiago de Compostela. (Foto: CRTVG).

O PP impediu esta cuarta feira coa súa maioría no Parlamento galego que se aprobase unha proposición non de lei (pnl) presentada polo PSdeG, e que tivo o apoio do BNG, e na que, entre outras  cuestións se demandaba da Cámara "rexeitar as represalias ao persoal traballador por parte da Dirección Xeral da CRTVG por defender a súa independencia e a pluralidade dos medios públicos" ou ben "reprobar o actual director xeral da CRTVG polo incumprimento sistemático da Lei 9/2011 de medios públicos de comunicación audiovisual da Galiza".

Para Carmen María Pomar (PP), con esta proposta a oposición o que procura "é substituír o actual director xeral, Sánchez Izquierdo, para por á fronte [da televisión e radio públicas galegas] un propagandista".

Defendeu estes 12 anos de xestión de Sánchez Izquierdo e acusou o PSdeG de traer á Cámara galega este tipo de propostas "agora que se achegan as eleccións".irou de datos de audiencia para defender a actual dirección da CRTVG, lembrando que o seu director xeral, Sánchez Izquierdo, foi "pactado daquela co PSdeG".

291 semanas

Noelia Otero, que defendeu a pnl, lembrou que a Lei de Medios Públicos da Galiza foi aprobada hai 12 anos e malia o tempo transcorrido acumula incumprimentos como a falla dun estatuto profesional ou o Consello de Informativos".

Desde o PSdeG demandouse, sen éxito, "iniciar as negociacións entre os grupos parlamentarios para a renovación da Dirección Xeral, tal e como estabelece a lei".

Pola súa parte, Alexandra Fernández (BNG) lamentou que a CRTVG se convertese "nun medio de propaganda do PP", e lembrou que os 'venres negros' do persoal da compañía para denunciar a manipulación acumula xa 291 semanas. 

Comentarios