Pontón apoia ERC e pide aos cataláns dar unha "lección de dignidade" ao Estado no 14-F

A líder do Bloque Nacionalista Galego, Ana Pontón, sinalou que as eleccións catalás "van de democracia e futuro, de dignidade e de derrotar aos que cren que poden encarcerar ou exiliar a vontade dun pobo de ser libre".

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, no acto central de campaña de ERC en Xirona. -  GLÒRIA SÁNCHEZ - EUROPA  PRESS
GLÒRIA SÁNCHEZ - EUROPA PRESS
7/2/2021
photo_camera A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, no acto central de campaña de ERC en Xirona [Imaxe: GLÒRIA SÁNCHEZ - EUROPA PRESS].

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, manifestou este domingo o seu apoio a ERC nas eleccións do 14 de febreiro e pediu á cidadanía catalá dar unha "lección de dignidade" ao Estado e trasladar a Cataluña os bos resultados que obtivo a súa formación nos comicios galegos de xullo.

En videoconferencia no acto central de campaña no Centre Cultural da Mercè de Xirona, defendeu que nas eleccións galegas se demostrou a ilusión da cidadanía dun cambio real e cre que "esa sonda tamén se vai a sentir con forza" o 14 de febreiro en Cataluña.

"O 14 de febreiro tedes que dar unha resposta contundente aos que tentan usar esta pandemia para torcer a nosa vontade. Non poden como se nada", reivindicou.

Pontón sinalou que estas eleccións "van de democracia e futuro, de dignidade e de derrotar aos que cren que poden encarcerar ou exiliar a vontade dun pobo de ser libre".

Unha oportunidade para "avanzar"

Tamén sostivo que o centralismo é o principal problema no Estado e que o independentismo catalán, vasco e galego é a única oportunidade "para avanzar na democracia, a liberdade e en dereitos".

No acto tamén participaron, entre outros, o coordinador xeral de EH Bildu, Arnaldo Otegi, e o candidato republicano á presidencia da Generalitat catalá e vicepresidente do Govern, Pere Aragonés.

Así mesmo, estivo presente o líder de ERC, Oriol Junqueras, que se atopa en terceiro grao penal, o que lle permite participar en mitins que decorran durante a fin de semana. 

A INFORMACIÓN GALEGA ESTÁ NA TÚA MAN!

Subscríbete ao noso boletín de novas.

Date de alta de balde e recibirás unha selección dos nosos artigos para saberes o que acontece.

comentarios