Os orzamentos para 2022, sen reforzo sanitario

O colapso e as listas de agarda nos centos de saúde galegos, unha realidade recoñecida polo propio Goberno galego, non se traduce nun incremento dos recursos económicos no proxecto de Orzamentos da Xunta para 2022. Todo o contrario: a Atención Primaria recibirá 1.389 millóns de euros, unha cifra máis baixa que nas contas de 2021. O argumento do conselleiro de Facenda é que non se prevén "vacinódromos". Porén, o titular de Sanidade si prevé a recuperación dos centros de vacinación masiva para a inxección da terceira dose. As novas contas, pola contra, manteñen millonarios concertos coa Sanidade privada: 127 millóns de euros. Outras novidades das contas: Feixoo e o Goberno galego sóbense o soldo e o orzamento para Normalización Lingüística está 11 millóns por baixo que en 2009, antes de que Feixoo chegase á Xunta. 
O conselleiro de Facenda, Miguel Corgos (á dereita), entregou o proxecto de orzamentos ao presidente do Parlamento, Miguel Santalices (Foto: Parlamento galego)
photo_camera O conselleiro de Facenda, Miguel Corgos (á dereita), entregou o proxecto ao presidente do Parlamento, Miguel Santalices (Foto: Parlamento)
As partidas para Sanidade son, con Mar, Facenda e Infraestruturas, as que menos crecen no proxecto de Orzamentos da Xunta para o ano 2022. Con 4.588,7 millóns de euros, a Consellaría de Sanidade…
 
Debes estar rexistrado para ler este contido
star
Poderás rexistrarte co teu correo. É rápido e gratis.
Precisa axuda? Envíanos un correo electrónico a [email protected].
Comentarios