28-M

O PSdeG perde a maioría absoluta en Vilagarcía e dependerá do BNG

Con 100% dos votos escrutados, o PP sobe case 14% de porcentaxe de votos, ao pasar de 22,9% de 2019 a 36,2% nestes comicios locais.
Alberto Varela é alcalde da Fegamp, alcalde de Vilagarcía e secretario de Política Municipal do PSdeG. (Foto: Xan Carballa)
photo_camera Alberto Varela é alcalde da Fegamp, alcalde de Vilagarcía e secretario de Política Municipal do PSdeG. (Foto: Xan Carballa)

O Partido Popular situouse como a lista máis votada en Vilagarcía de Arousa, con nove concelleiros, polo que o socialista Alberto Varela, que obtivo outros nove edís, necesitará do BNG para continuar como alcalde.

En concreto, con 100% dos votos escrutados, o PP sobe case 14% de porcentaxe de votos, ao pasar de 22,9% de 2019 a 36,2% nestes comicios locais.

Pola súa parte, o socialista Alberto Varela, que actualmente preside a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), perde tres concelleiros e case 11% dos apoios, ao pasar de 47,4% de 2019 a 36,07% este 28-M.

Deste modo, para continuar na alcaldía, Varela necesitará pactar co BNG, que aumenta a sú representaciíon nun concelleiro e faise cun total de dous.

Comentarios