O departamento legal da Xunta da Galiza critica o recurso do Executivo do Estado á Lei galega de saúde aprobada en febreiro polo PP nas alegacións presentadas ao Tribunal Constitucional, nas que acusan de “xerais” as medidas lexislativas do Estado e advirten que a diferencia da norma galega si “poden impor a vacinación obrigatoria”.
Amais, o Goberno galego vangloriase que até en tres ocasións, o Tribunal Superior de Xustiza da Galiza deu luz verde ás restricións propostas pola Xunta, tanto a prohibición xeral de xuntarse entre a 1 e as 6 da mañá como no caso dos concellos en nivel de risco extremo, toques de recoller entre as 23:00 e as 6:00, incluíndo a prohibición de reunións entre non convivintes ou os fechamentos perimetrais.
Asemade, apuntan que malia a comisión bilateral que se abriu para tratar de avanzar na resolución do conflito os traballos deste grupo tiñan que terse desenvolto antes de presentar o recurso.
Tamén se informou de que aínda que se chegou a un acordo para desencallar a negociación á marxe da vía xudicial, as conversas non chegaron a frutificar.
Na resposta a impugnación de parte do artigo 38 da Lei, os servizos xurídicos da Xunta defenden que a norma galega “non impón o deber de vacinarse directamente”, aspecto que a lexislación do Estado si contempla, argumentan.
Ao tempo, lembran que en 2016, o comité de Bioética resolveu que sobre a cidadanía podería recaer “o deber legal de vacinarse en orden a evitar a propagación dunha epidemia con detrimento da saúde da colectividade”, abrindo a porta a “adoptarse decisións individuais ou colectivas de vacinación obrigatoria”.
No documento, reclama ao Estado por “desatender” as solicitudes para antes do final do estado de alarma dotarse “dunha mellor armazón normativa” a nivel do Estado.
En última instancia, as e os xuristas enumeran as normativas doutros territorios como Aragón, Illes Balears ou Catalunya, que cualifican como moi semellantes, mais non foi “ningunha impugnada”, aseguran.