Gamarra asegura que Casado é "implacábel" contra a corrupción e que o actual PP non ten "nada que ver" con Bárcenas

Gamarra contestou así ao ser preguntada sobre se a confesión de Bárcenas en relación co presunto pago con diñeiro 'b' das obras na sede do partido pode enturbar o labor de oposición que leva adiante o PP.
A portavoz do PP no Congreso, Cuca  Gamarra - EUROPA  PRESS/E. Parra.  POOL - Europa  Press
04 FEBRERO 2021;SESION PLENARIA;REAL DECRETO LEY;CONGRESO
E. Parra. POOL / Europa Press
4/2/2021
photo_camera A portavoz do PP no Congreso, Cuca Gamarra [Imaxe: Europa Press / E. Parra. Pool].

A portavoz parlamentaria do PP no Congreso, Cuca Gamarra, subliñou este sábado que o seu presidente, Pablo Casado, é un político "implacábel" contra a corrupción e defendeu que a actual dirección do partido non ten "nada que ver" co que fose o seu tesoureiro Luís Bárcenas.

En declaracións ao programa Parlamento de RNE, recollidas por Europa Press, Gamarra contestou así ao ser preguntada sobre se a confesión de Bárcenas en relación co presunto pago con diñeiro 'b' das obras na sede do partido pode enturbar o labor de oposición que leva adiante o PP.

A dirixente popular comezou afirmando que no PP están a traballar día a día "por e para os españois" e remarcando que a actual Executiva do partido, con Pablo Casado á fronte, non ten "nada que ver con ese asunto". "Miramos cara a adiante", apostilou.

Xa foron "suficientemente contundentes"

Sobre se o PP, tal e como exixen algúns partidos, ten que dar máis explicacións ao redor das declaracións de Bárcenas, Gamarra apuntou que este é un asunto que está nos tribunais e sobre o que xa foron "suficientemente contundentes".

"Casado é implacábel con toda conduta que se aparte dun criterio ético e moral e de compromiso e exemplaridade cos españois e, por tanto, non temos por que facer nada máis", resolveu.

Onte, o líder do PP, Pablo Casado, presumiu da "absoluta exemplaridade" que practica no seu partido e desvinculouse por completo de Bárcenas e de cuestións que son de "hai 20 anos". "Ese PP xa non existe", proclamou Casado, antes de acusar a Fiscalía que "depende" de Pedro Sánchez de filtrar a confesión de Bárcenas "a dez días das eleccións en Cataluña".

Comentarios