A FPG avoga no seu Congreso Nacional por unha “fronte ampla, ruturista e autodeterminista”

A organización reafirmou a aposta por Anova e por “fomentar o seu carácter de organización de militancia individual e onde se debe reforzar a súa independencia e soberanía a respecto das organizacións políticas pre-existentes”. Vídeo no interior.

A Frente Popular Galega realizou esta fin de semana en Cangas o seu Congreso Nacional, unha cita na que tamén celebrou o seu XXV aniversario. Segundo informa a propia FPG “nos debates e relatorios foi unánime a nosa aposta clara pola Fronte Ampla rupturista e autodeterminista, sen exclusións nin vetos”.

Neste punto indícase que a militancia da Frente valora como “moi positivo” o noso traballo e compromiso a nivel individual en Anova, un compromiso que cualifican de “sincero e baseado no respecto aos principios que deron lugar ao seu nacemento como organización plural da esquerda anticapitalista e independentista”.

"A nosa aposta é clara polo proxecto de Anova, da que se debe reforzar a súa soberanía a respecto das organizacións pre-existentes"

“A nosa aposta é clara polo proxecto Anova, onde se valorou como necesario defender, e mesmo fomentar, o seu carácter de organización de militancia individual e onde se debe reforzar a súa independencia e soberanía a respecto das organizacións políticas pre-existentes”.

Un cuarto de século

Ápós o Congreso, decorreu o acto de celebración do 25 aniversario da FPG, que foi conducido por Zé Paredes, e no cal houbo intervencións de diferentes colectivos e organizacións. No mesmo, proxectouse un vídeo sobre o cuarto de século de existencia deste partido.

Comentarios