Formoso ve a Rueda ‘asustado’ pola herdanza de Feixoo

Valentín González Formoso recalou hoxe na Peroxa para participar no primeiro encontro sobre memoria histórica dos socialistas ourensán. Un día despois que afirmase que sería máis doado dialogar con Rueda afirma ver “asustado” ao futuro líder do PP.

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, nunha rolda de prensa na sede da formación en Santiago.
photo_camera O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, nunha rolda de prensa na sede da formación en Santiago. (Foto: Nós Diario).

O secretario xeral dos socialistas galegos ve a Alfonso Rueda “asustado” ante as súas próximas responsabilidades como presidente da Xunta da Galiza, “tendo en conta a nefasta herdanza que vai recibir e da que el é copartícipe”.

“Entendo que se  declare asustado”, afirmou Formoso, “xa que nace co estigma de non ser escollido polos galegos e as galegas como presidente, senón polo clan dos Baltar e tres máis nunha mesa camilla”. sinalou que  Rueda asumirá o Goberno dun país no que “vive moita menos xente e no que emigran máis mozos e mozas que cando eles chegaron ao Goberno”.

Formoso sinalou que  Rueda asumirá o Goberno dun país no que “vive moita menos xente e no que emigran máis mozos e mozas que cando eles chegaron ao Goberno”.

O dirixente socialista amosouse moi crítico coa herdanza de Feixoo, “138 colexios menos abertos”, un servizo de Atención Primaria “nefasto e practicamente reducido a un número de atención telefónica” e “un país moito máis endebedado e con máis paro que cando eles chegaron ao Goberno”, afirmou Formoso

O líder socialista amosou a disposición do seu partido a fiscalizar  a acción de goberno do próximo presidente da Xunta, pero “tamén tende a man nos asuntos de país que son claves e claramente imprescindibles e estratéxicos neste momento tan duro”.

Comentarios