O PP deixa para o domingo a elección do núcleo duro de dirección

Feixoo sitúa a Aznar e Raxoi como ‘referentes’ do novo PP

 

Aberto Núñez Feixoo aproveitou a súa elección formal como presidente do Partido Popular para proclamar a José María Aznar e Mariano Raxoi como referentes do novo PP.
Alberto Núñez Feixoo recolle a súa acreditación á chegada ao XX Congreso do PP en Sevilla. (Foto: Eduardo Briones / Europa Press).
photo_camera Alberto Núñez Feixoo recolle a súa acreditación á chegada ao XX Congreso do PP en Sevilla. (Foto: Eduardo Briones / Europa Press).

Alberto Núñez Feixoo xa é formalmente presidente do Partido Popular. Nunha intervención diante do plenario do Congreso da súa formación, tras coñecer que viña de recibir o apoio de 98,35% dos delegados, agradeceu o apoio aos afiliados e sinalou a José María Aznar e Mariano Raxoi como referencias ideolóxicas e políticas da formación.

O novo presidente popular comezou dando “as grazas por elixirme presidente do PP pero esta elección só é o principio porque o importante de verdade agora é seguir xuntos para que os españois nos elixan para gobernar o seu futuro. Grazas a todos de corazón”.

Feixoo sinalou que aposta por un PP “único”, que defende a nación española, e no que pediu “sumar, sumar e sumar”. Nesa dirección significou que “cree nos partidos autonómicos” e definiu a formación como “un partido nacional, único, autonomista e que defende a nación española. Por suposto que si”.

“Somos un partido que redactou a Constitución. Nacemos para redactala, cumprila e defendela. Somos o partido máis constitucionalista de España, non somos independentistas, nin somos nacionalistas, nin  condescendentes co independentismo. Somos o partido que defende a España das autonomías, da unidade na diversidade”, aseverou Feixoo.

O máximo dirixente popular situou a Aznar e Raxoi como os seus “referentes” políticos e do partido. Nese sentido, lembrou a súa etapa como cargo político nos Gobernos de José María Aznar e Manuel Fraga, sinalando que “nin Fraga nin Aznar me pediron o carné do PP para darme responsabilidades nun Goberno”.

Comité de Dirección

O Partido Popular deixou para a sesión do domingo a designación do núcleo duro de dirección. Precisamente, fican por nomear os responsábeis das áreas de Organización, Política Social, Comunicación, Participación, Sectorial e Territorial así como Comité de Dirección.

O Comité de Dirección é o órgano de xestión diaria do partido. A falla de coñecer a súa composición definitiva, dáse por feito a presenza do mesmo dalgún peso pesado do PP madrileño como parte do acordo de Feixoo con Ayuso.

Os populares deberán escoller nas vindeiras semanas aos seus voceiros no Congreso e no Senado, responsabilidade, esta última, que podería asumir o propio Feixoo.

Comentarios