Feixoo quer os votos de Vox para 2020

“Houbo 180.000 votos de C´s e Vox sen escano”, lamentou o líder popular.

feixoo
photo_camera feixoo

O PP volveu situarse este domingo como forza máis votada na Galiza, con 469.890 votos, lixeiramente por riba do PSdeG – que fora a primeira en abril - que obtivo 460.000. Aumentou un deputado, por Pontevedra, grazas ao esfarelamento de Ciudadanos na Galiza. Mais a vitoria ‘popular’ é pequena: eses resultados non lle permitirían a Feixoo recuncar na Xunta en 2020 e sábeo.

O 10N Vox logrou 114.000 sufraxios nas circunscricións galegas e Ciudadanos 63.000. Entre estas dúas formacións suman 12% dos votos emitidos este domingo na Galiza e Feixoo sabe que esa porcentaxe vaille facer boa falta se quer sumar un cuarto mandato.

Por iso na noite electoral lanzou a mensaxe de que “a división do voto da dereita penalizounos”. Afirmación que se suma a que o presidente non quixo desvelar estes días se pactaría con Vox na Galiza de o precisar.

Comentarios