sábado 23/10/21

Feijóo foxe das súas responsabilidades e atribúe os problemas do cerco aos gobernos Zapatero

Nun novo exercicio de escapismo político, o presidente da Xunta optou por cargar contra o PSOE como responsábel dos problemas do cerco galego.

Feijóo evitou criticar a inusitada actuación policial desta terza feira contra mariñeiros e [email protected] da oposición. Pola súa banda o vice-presidente da Xunta accedeu a se reunir coa delegación de cerqueiros en San Caetano.

iel ao seu estilo de non asunción de ningún tipo de responsabilidades, Feijóo aproveitou a sesión parlamentar desta cuarta feira para mostrar por onde vai a súa estratexia política no conflito que enfrenta o seu goberno e o seu partido contra o sector do cerco galego. O culpábel? Os anos do Goberno Zapatero, a "pésima xestión do PSOE" en Madrid durante "8 anos".

Argumentou Feijóo que os mariñeiros ven a cota diminuída porque teñen de facer fronte "ás multas" que lles foron impostas durante o período de goberno de Zapatero. Referiuse a unha sanción da Comisión Europea que resulta en que "anualmente" a UE detrae "un 30 por cento da capacidade de pesca" ao sector galego.

Feijóo non tivo ningunha palabra de crítica contra a desproporcionada actuación da policía española 

O portavoz do PSdeG-PSOE, José Luis Méndez Romeu, instara ao presidente do Goberno galego a que mostrara canto manda en Madrid. Feijóo non se deu por inteirado e preferiu xogar o seu deporte favorito: viaxou no tempo e disfrazouse de xefe da oposición dos gobernos Zapatero.

Feijóo non tivo ningunha palabra de crítica contra a desproporcionada actuación da policía española esta terza feira nas rúas adxacentes ao Parlamento de Galiza. Dixo que si estaba aberto ao diálogo, mas non deu ningunha explicación cabal de por que onte se negou a falar cos mariñeiros fechados no Parlamento.

Enfatizou que este ano os mariñeiros do cerco "poden pescar máis que o anterior", unha afirmación que en todo caso non desminte a marxinación da frota galega a respeito da basca, e negou que a Xunta asinase o acordo selado en Madrid.

Rueda reunirase co cerco

O vice-presidente da Xunta de Galiza, Alfonso Rueda, accedeu esta cuarta feira a se reunir coa delegación do cerco que agarda desde onte un encontro co goberno galego. Será ás 15.30h en San Caetano. Os cerqueiros deixaron claro no día de onte que non se reunirían con representantes da Consellaría de Pesca, tampouco así coa propia Rosa Quintana, e subliñaron que só dialogarían co presidente ou vice-presidente do executivo. 

Samuel Juárez di que "todos somos iguais ante a lei" e afirma que @s [email protected] do BNG [email protected] pola policía mantiñan unha "actitude prepotente"

Os mariñeiros aseguraron que o seu obxectivo é arrincaren un "compromiso" da Xunta de que exercerán presión en Madrid a prol dos intereses da frota galega que exixen un reparto lineal das cotas europeas. 

Juárez non demitirá e di do BNG que mantivo unha "actitude prepotente"

Pola súa banda, o delegado do Goberno español na Galiza, Samuel Juárez, considerou esta cuarta feira a actuación policial desenvolvida onde perante a manifestación do cerco "proporcionada" para, dixo, "evitar danos maiores". 

Aliás, Juárez referiuse á agresión sufrida pola deputada do BNG, Montse Prado, e o portavoz parlamentar nacionalista, Francisco Jorquera, asegurando que mantiveran "actitudes prepotententes" coa policía polo que vía xustificada a actitude dos antidisturbios contra @s representantes nacionalistas. 

Segundo o delegado do Goberno "todos somos iguais ante a lei" polo que non ve desmedida a actuación policial nen preciso presentar a súa demisión como exixiu a fronte nacionalista. 

comentarios