luns 18/10/21

O PP responde con represión policial o protesto do cerco

Cargas de antidisturbios, barricadas a poucos metros da Cámara galega, enfrontamentos, identificacións e detencións a eito, agresións de policías a deputadas... O protesto do sector do cerco na capital de Galiza non tivo resposta da consellería do Mar. Tívoa da delegación do Goberno español en forma de ducias de antidisturbios.

marinheiras
CC BY-SA Sermos Galiza

"Nosotros también queremos comer, señora. Usted no se meta en esto". Foi a resposta que deron os antidisturbios á deputada do BNG Montse Prado cando, canda o voceiro parlamentar da formación frontista, Francisco Jorquera, se puxo no medio para impedir que entre seis policías levasen arrastrado un mariñeiro.

Era só o comezo dun duro enfrontamento entre @s [email protected] do cerco e os antidisturbios que decorreu por todas as rúas da contorna de Compostela e que se saldou coa detención de tres mariñeiros e a identificación de ducias deles. 

Empurróns contra tres deputadas

Os confrontos encetaron por volta das doce do meiodía, cando até 12 furgóns de antidisturbios cortaron a rúa do Hórreo, onde se ubica o Parlamento galego, en ambos os dous sentidos, impedindo o acceso a ela. Após tratar a empurróns tres deputadas do BNG --Montse Prado, Carme Adán e Tereixa Paz--, agardaron a que a peregrinación [email protected] [email protected] do mar que se manifestaran en San Caetano chegasen a pé do Parlamento. 

Nun primeiro momento, unha sorte de pacto verbal evitaría as cargas policiais se @s mariñ[email protected] non se movían do seu emprazamento, no lateral superior do edificio parlamentar. Porén, e malia isto, xa se produciron daquela os primeiros enfrontamentos.

Unha delegación de [email protected] conseguiu entrar na Cámara, onde fican encerrados até que Feijóo non @s reciba. Esixen a demisión do ministro español de Pesca, Arias Cañete, e da conselleira do Mar, Rosa Quintana, mais rexeitan reunirse con ela. A única xuntanza que aceptan é con Feijóo.

O mar estoupa aos pés do Parlamento

Namentres, @s mariñ[email protected] [email protected] fóra comezaron a construír unha sorte de 'barricada' con colectores do lixo. Os antidisturbios preparáronse para cargar. E cargaron. Unha vez. E outra. E máis outra. Porén, @s [email protected] conseguiron despregarse e fixéronse fortes na Praza do Doutor Ponte Castro, situada na confluencia das rúas República Arxentina e o Hórreo.

Foi aquí onde mudaron as cousas. A cada tentativa de avance dos antidisturbios, @s mariñ[email protected] respondían con pedras, botellas e berros de "Mercenarios!". O primeiro detido foi un traballador que atoparon só, a quen arrastraron entre seis antidisturbios.

Foi entón cando o voceiro parlamentar do BNG, Francisco Jorquera, e a deputada da formación frontista Montse Prado intentaron impedir a malleira que lle estaban a propinar ao mariñeiro. "Só queren comer. Non se pode tratar así as persoas", replicou Prado, quen recibiu a cambio unha contestación de "usted no se meta, señora" e tres porrazos nas pernas. A Jorquera quitárono a empurróns do cenario onde o traballador continuaba deitado, queixándose dos golpes. 

Pelotas de goma até na contorna parque infantil con crianzas

Produciuse aquí a segunda detención, a doutro mariñeiro que se achegou para coñecer o estado do seu compañeiro e, ao velo, esixiu que deixaran de mallar nel. "Xa o tedes no chan, que máis queredes? Pegádelle un tiro!", berrou contra os antidisturbios, quen responderon agarrándoo e conducíndoo para o furgón policial para o identificaren.

A cada tentativa de avance dos antidisturbios, @s mariñ[email protected] respondían con pedras, botellas e berros de "Mercenarios!"

Para daquela, os confrontos xa se espallaran por toda a zona nova, con cargas e identificacións aleatorias mesmo dentro dos estabelecementos hostaleiros. Na mesma Praza do Doutor Ponte Castro comezaron a disparar bólas de goma e, segundo relatou unha testemuña a Sermos Galiza, "lanzaron pelotas até na contorna do parque infantil". 

"Cando nos viron gravando recolleron axiña todas as pelotas e marcharon", acrecenta. A muller tamén é traballadora do mar e partillou con este xornal as imaxes que gravou no parque que está detrás do Parlamento, imaxes que a TVG non quixo "porque non llas ían deixar emitir", segundo ela propia contou após ofrecerllas a unha xornalista da televisión pública.

comentarios