Do “non é unha mala noticia” a “Non é democrático”: Estas son as reacción á visita do Borbón a Galiza

O rei emérito español aterrou en Vigo e xa está en Sanxenxo. Unha visita que xerou diversas reaccións.

EuropaPress_5130689_rey_emerito_juan_carlos_llegada_aeropuerto_internacional_vigo_peinador_19
photo_camera O rei emérito ao chegar ao aeroporto de Vigo (Foto: Europa Press)

Juan Carlos I está xa na Galiza. Chegou en avión a Vigo desde Londres para despois desprazarse por estrada até Sanxenxo, onde vai pasar uns días co gallo de partucipar co ‘Bribón’ nunha regata do campionato español de vela, que decorrerá esta fin de semana.

O anuncio estes días da visita do emérito xerou diferentes declaracións e opinións na area política, que volveron ter lugar esta cuarta feira.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, reiterou que a visita do rei emérito español "non é unha mala cousa, senón todo o contrario" desde o punto de vista da promoción turística da Galiza.

A preguntas dos xornalistas durante un acto en Salvaterra, Rueda insistiu que "non hai ningún tipo de comunicación oficial polo menos á Xunta", co cal "se trataría dunha viaxe eminentemente privada".

"Desde o punto de vista de posicionamento da Galiza, en canto a que se falará moito durante estes días de Sanxenxo e de Pontevedra e de Galiza, desde o punto de vista da promoción turística non é unha mala cousa", sinalou.

"Fóra diso" evitou facer "valoracións sobre a súa presenza e as circunstancias que a rodean", posto que non lle corresponde facelas, segundo dixo.

En todo caso, repetiu que agradece que, "dentro de moitos sitios, unha vez que decidiu desprazarse a España, podería elixir, que elixa a Galiza non é unha mala cousa senón todo o contrario".

Pola súa parte, a portavoz nacional do BNG, Ana Pontó indicou que "calquera cidadán que tivese un problemas con Facenda non tería á policía protexéndoo, senón ao contrario", recalcando que "non é democrático que por apelidarte Borbón teñas privilexios que non ten o resto da cidadanía, ademais dunha fortuna sobre a que non temos ningunha declaración".

A líder da oposición sinalou que "esta situación pon en entredito o propio funcionamento do sistema democrático, onde vemos que non todas as persoas somos iguais ante a lei". O BNG considera que, leve o apelido que leve calquera cidadán ou cidadá, todo o mundo ten que ter as mesmas obrigas e non se poden permitir os privilexios que se poden constatar nestes días.

Pontón celebrou que "cada visita do emérito sobre a conciencia republicana, e isto é moi positivo porque, nunha sociedade verdadeiramente democrática, deberíamos de poder escoller libremente ao xefe de Estado sen ningún tipo de designacion real," algo que tachou de ser "un anacronismo en pleno século XXI".

Un ano despois

Sanxenxo é a localidade elixida polo rei emérito para volver ao Estado após en 2022, case dous anos en Abu Dabi (Emiratos Árabes Unidos), para onde marchou —tamén desde Sanxenxo— en plena treboada  de escándalos financeiras na casa real. A poucos lles sorprendeu que Juan Carlos I  elixise esta localidade do Salnés para o retorno; aí ten dúas cousas que lle levantan o ánimo : a vela e o seu estreito círculo de adiñeirados amigos-admiradores.

Mais non todos en Sanxenxo facían daquela soar as campás pola presenza do rei emérito. Ana Alonso, veciña de Vilalonga, afirmaba a Nós Diario que lle daba "até un pouco de vergoña que este señor, coas que fixo, se pasee por aquí pouco menos que como se houbese que aplaudilo, vamos".

Comentarios