O BNG pode ser decisivo para Sánchez se hai "concrecións"

O deputado do BNG en Madrid, Néstor Rego, reclama "concrecións" ao PSOE para que conten co seu voto. A incerteza rodea a investidura do candidato socialista, Pedro Sánchez, a un día de que comecen as tres sesións de debate e votación convocadas no Congreso esta fin de semana.
Rubén Cela e Néstor Rego con Adriana Lastra e Rafael Simancas (Europa Press)
photo_camera Rubén Cela e Néstor Rego con Adriana Lastra e Rafael Simancas (Europa Press)

O deputado do Bloque Nacionalista no Congreso, Néstor Rego, condiciona o seu voto afirmativo ao candidato socialista ao Goberno do Estado, Pedro Sánchez, a que se "concreten" cuns orzamentos e uns prazos determinados as medidas que lle formulou ao PSOE nas súas conversas para sacar adiante a investidura.

Até o día de hoxe mantiveron dúas reunións e as negociacións, segundo trasladou a formación nacionalista, están paradas desde os festivos de Nadal. A posición do BNG non mudou desde o inicio e os asuntos urxentes para o partido galego pasan por aprobar un estatuto que permita a viabilidade das industrias electrointensivas no país e camiñar cara a unha tarifa eléctrica propia, así como por retomar a transferencia da autoestrada AP-9 á Xunta comezando, cunha rebaixa das peaxes.

A información íntegra pode consultala na edición en papel de Nós Diario ou na súa lectura na nube.

Comentarios