O BNG adhírese á convocatoria para o 25X cristalizada no manifesto 'Pola unidade'

“Imos estar detrás desa pancarta que vai encabezada por persoas que non representan a partidos políticos  senón ao conxunto do país", avanzou o portavoz nacional, Xavier Vence, confirmando o apoio do Bloque a esa convocatoria.

Bandeira galega co escudo deseñado por Castelao
photo_camera Bandeira galega co escudo deseñado por Castelao

O BNG apoia a súmase á convocatoria do 25X realizada desde o manifesto 'Pola Unidade', afirmando por boca do seu portavoz nacional, Xavier Vence, que "imos estar detrás desa pancarta que vai encabezada por persoas que non representan a partidos políticos concretos senón ao conxunto do país". Vence apostou por un 25 de Xullo "unitario" e no que tomen parte todas as persoas que aspiren a "que Galiza poda gobernarse de forma plena, ter soberanía para decidir sobre as cuestións que afectan á vida da xente deste país”.

Compromiso

O secretario xeral de Compromiso por Galicia, Xoán Bascuas, vén de facer un chamamento á afiliación, simpatizantes e á cidadanía a participar na mobilización cívica que o vindeiro día 25 de xullo sairá da Alameda de Santiago ás 12 horas baixo o lema “O día da Nación Galega, o día de tod@s”. O líder galeguista, que anunciou a súa propia participación, indicou que “Compromiso renunciará a levar ningún tipo de distintivo e a nosa achega será a título individual, como galegos e como galegas”.

Comentarios