Besteiro rexeita o ataque contra o centro de migrantes: "É consecuencia directa dunha mensaxes e dunha ideoloxía que hai que parar"

Neste contexto, o secretario xeral do PSdeG tamén denunciou "o xenocidio que o Goberno israelí está a perpetrar en Gaza" e insistiu en que a formación socialista "vai seguir denunciándoo a diario".
José Ramón Gómez Besteiro, este sábado 20 de setembro en Pontevedra. (Foto: Nós Diario)
José Ramón Gómez Besteiro, este sábado 20 de setembro en Pontevedra. (Foto: Nós Diario)

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, mostrou este sábado o seu "rexeitamento" aos actos "vandálicos e incendiarios" contra o edificio que albergará o novo centro específico de menores migrantes da Xunta da Galizaa en Monforte (Terra de Lemos), que sufriu un ataque con varios cócteis Molotov.

En concreto, foi durante a madrugada deste sábado cando, ao redor das 3 horas, se produciu un ataque con varios cócteis Molotov contra este inmóbel, situado en Monforte, feitos que a Policía actualmente investiga.

Así, o líder socialista sinalou que este tipo de delitos son "consecuencia directa dunhas mensaxes e dunha ideoloxía que hai que parar entre todos". "Non podemos consentir que se sigan producindo, esas actitudes merecen o noso desprezo e a nosa condena clara", engadiu nunha visita ao encontro de emprendemento Pont-Up Store en Pontevedra.

Neste contexto, o secretario xeral do PSdeG tamén denunciou "o xenocidio que o Goberno israelí está a perpetrar en Gaza" e insistiu en que a formación socialista "vai seguir denunciándoo a diario".

Ademais, Gómez Besteiro criticou a postura de quen se pon "de perfil ante a barbarie" no canto de estar "ao lado da humanidade", en referencia ás ausencias desta sexta feira nos minutos de silencio convocados pola Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) polas vítimas palestinas.

Comentarios