Besteiro chama a encher as urnas de papeletas do PSdeG para mellorar a sanidade no Barbanza

O candidato do PSdeG á Presidencia da Xunta da Galiza, José Ramón Gómez Besteiro, chamou esta sexta feira en Boiro a “encher as urnas de votos socialistas” para deixar atrás os recortes en sanidade no Barbanza. Previamente, reuniuse cos reitores das universidades galegas na Coruña, nun acto no que se comprometeu a completar a educación gratuíta a todos os niveis, coa incorporación da primeira matrícula dos mestrados e das materias de grao.
Besteiro, esta sexta feira, en Boiro (O Barbanza). (Foto: Nós Diario)
photo_camera Besteiro, esta sexta feira, en Boiro (O Barbanza). (Foto: Nós Diario)
Comentarios