Arquivan a causa que forzou as dimisións dos socialistas de Lugo Orozco e Besteiro

Quer o ex alcalde de Lugo, quer o dirixente do PSdeG tiveron que deixar os seus cargos polo caso do Garañón, onde agora non se aprecian "indicios de delito". A Audiencia Provincial sostén que só hai "meras sospeitas".

Existe unha demanda para que se tire a estrutura. (Foto: Europa Press)
photo_camera Existe unha demanda para que se tire a estrutura. (Foto: Europa Press)

A Audiencia Provincial de Lugo revocou o auto polo que se acordou fechar a instrución do caso de O Garañón e decretou que a causa sea sobresida e que se arquiven as actuacións dun asunto que marcou unha etapa no PSOE lucense ao derivar nas dimisións do que fora alcalde, José López Orozco, e do ex secretario xeral do partido, José Ramón Gómez Besteiro, pola súa ligazón co asunto de cando era concelleiro.

Agora a Xustiza desta causa, que instruíu ao principio a recoñecida xuíza Pilar de Lara, considera que non se pode seguir adiante porque “non existen indicios da comisión de delitos”.

A pesar diso, as marchas da primeira liña política decorreron en xuño de 2015 (Orozco) e marzo de 2016 (Besteiro). A actual rexedora, Lara Méndez, comprometeu o derribo da urbanización do Garañón, que quedou a medio edificar. Para a Audiencia, o caso construíuse “sobre meras sospeitas que non alcanzan o carácter de indicios”.

A documentación refírese a “unha trama urbanística urdida por unha especie de organización ou grupo criminal que facía diversas accións, en connivencia con eles, para favorecer a determinados contrutoras, o suposto “carece de base suficiente para poder afirmarse en termos de indicios”. 

Aliás, ante o posíbel delito de prevaricación urbanística, destaca que “non toda irregularidade nese ámbito desencadea nunha infracción penal”.

Reaccións

Despois de saber do arquivo, Orozco comentou que “foi unha acusación inxusta que nada probaba porque nada podía probarse”. Ao igual que ao ex alcalde fíxoselle “moito dano”, tamén se danou o futuro político de Besteiro. De feito, é o que comentou esta cuarta feira a súa defensa.

Pola súa parte, a Secretaria Provincial do PSOE de Lugo celebrou que "”por fin se fixo xustiza”. 

Comentarios