NOVO REVéS PARA O SECRETARIO XERAL DO PSDEG

Imputan Besteiro e Orozco

O secretario do PSOE na Galiza, Xosé Ramón Gómez Besteiro, vén de ser imputado pola xuíza de Lara polas licenzasurbanísticas no caso Garañón, á beira do parque Rosalía de Castro, que se concederon en decembro de 2005 cando era concelleiro en Lugo, sendo alcalde Xosé López Orozco, tamén imputado. 

Tanto Orozco coma Besteiro terán que declarar o vindeiro 30 de xuño, segundo a citación da titular do xulgado de instrución número 1 de Lugo. Tamén foron imputados dous técnicos municipais. 

Após a perda da Deputación de Lugo, este é un novo e serio revés para Besteiro, fortemente cuestionado no interior do seu partido. As súas opcións a ser candidato socialista á Xunta da Galiza perden enteiros por momentos, mentres aumentan os rumores dun hipotético retorno á escena do ex ministro de Fomento, José Blanco.

Comentarios