Anova abre conversas coas organizacións situadas “a esquerda do PSOE” de cara as eleccións galegas

Anova reuniu á súa Coordinadora Nacional para traballar na convocatoria dunha Conferencia Nacional que fixe a posición colectiva da organización de cara ás vindeiras eleccións fgalegas.

Martiño Noriega, candidato número tres por A Coruña na lista Galicia en Común
photo_camera Martiño Noriega, voceiro de Anova. (Foto: Nós Diario).

Anova - Irmandade Nacionalista reuniu á súa Coordinadora Nacional no Hotel Congreso de Teo. A organización liderada por Martiño Noriega xuntou ao máximo órgano de dirección da formación entre asembleas, para definir os pasos a seguir a curto prazo.

O obxectivo deste encontro é dar contas da actividade da Comisión Permanente nestes últimos meses abrindo o debate sobre a situación política actual e traballar na convocatoria dunha Conferencia Nacional que amplíe o proceso de escoita activa á militancia e á cidadanía.

O proceso aberto pola organización nacionalista ten como obxectivo situar a Anova no contexto político, co horizonte posto nas vindeiras galegas. A formación destaca a importancia destes comicios.

O voceiro nacional de Anova, Martiño Noriega, entende que "o espazo de representación actual no eido institucional non garante un necesario cambio que impugne as políticas do PP",

Noriega considera que “é o momento de investir en diálogo, escoita activa e responsabilidade co país para garantir un cambio político imprescindíbel en defensa das maiorías sociais”.

Conferencia Nacional

A dirección de Anova celebrará unha Conferencia Nacional co obxectivo de impulsar “conversas cos espazos políticos situados á esquerda do PSOE para fixar un lugar de encontro desde que volver facer de Galiza un país para a maioría”

A organización pretende “dar voz e baixar ao concreto as necesidades e demandas de diferentes sectores imprescindíbeis  na construción doutro modelo desde o colectivo”. 

Comentarios