Rueda convoca a oposición para o 6 de xuño e repróchalle que dixese estes días "cousas grosas"

Nunha carta remitida a Pontón (BNG) e a Formoso (PSdeG) propón "pór en común" a súa visión sobre "a situación actual e futura da Galiza". Tanto a portavoz nacionalista como o secretario xeral socialista demandaran ao novo presidente manter reunións.

Alfonso Rueda asina o decreto para designar o novo Executivo. (Foto: David Cabezón)
photo_camera Alfonso Rueda asina o decreto para designar o novo Executivo. (Foto: David Cabezón)

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, enviou unha carta á portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, e ao secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, para convocalos a unha reunión, con cada un deles, na segunda feira día 6 de xuño.

"Vounos recibir xa que a xente espera que os representantes políticos falemos entre nós. Podemos ter diferentes formulacións, mais ao final temos que falar entre nós, se non é imposíbel chegar a acordos", avanzou nunha entrevista este domingo na Radio Galega recollida por Europa Press.

Rueda lamentou que antes de recibilos gustarialle ter ocasión de falar co presidente do Goberno español, Pedro Sánchez, para compartir con eles as conclusións dese encontro. En todo caso, sinalou que "non se pode esperar máis" e asegurou que os recibirá "coa man tendida".

Críticas á oposición

O titular do Goberno galego criticou que a oposición dixese nos últimos días "cousas un pouco grosas", pero insistiu en que o seu deber é "non ter nada en contra diso" e pensar que desde a presidencia da Xunta "pódese chegar a acordos coa oposición", continuou, "ou polo menos tentalo".

Tanto a portavoz nacionalista como o secretario xeral socialista demandaran ao novo presidente manter reunións.

Segundo trasladou Presidencia, na misiva, Alfonso Rueda mostra o seu desexo de "tomar a iniciativa e comezar unha rolda de contactos cos representantes da oposición" para "pór en común" a súa visión e a da Xunta respecto "a situación actual e futura da Galiza".

Entre os asuntos que, ao seu xuízo, son prioritarios, o presidente citou "a suba abrupta dos prezos até niveis descoñecidos nos últimos 30 anos", a necesidade de que os fondos europeos contribúan a "unha reactivación sólida e sostida" e a necesidade de "seguir melloran. Por outra banda, expresou a súa intención de "acordar coa oposición" unha posición "única" da comunidade de cara á reunión que espera manter con Pedro Sánchez.

Nesta mesma liña, insistiu en que "hai cousas que a Galiza lle fan moitísima falta" e sinalou que é o seu deber "propolas" e a oposición "tentar aceptalas". Entre estas propostas, que para Rueda "admiten pouca discusión", destacou abordar o modelo de financiamiento autonómico, finalizar as infraestruturas pendentes do Goberno español ou baixar impostos. Ademais, na entrevista na radio pública galega este domingo, Rueda cualificou de "incompresíbel" que a oposición dixese que non o ían a apoiar na investidura "propuxese o que propuxese". "Esta é unha actitude pouco construtiva", censurou.

Formoso confirma asistencia

González Formoso confirmou este domingo que ten recibido recibira o convite da xuntanza co presidente da Xunta, á que acudirá con “axenda galega” para tratar o colapso sanitario, a mellora da protección social dos maiores ou o impulso da I+D+i. Así o dixo antes dun encontro en Boiro co alcalde da localidade, o socialista José Ramón Romero, e cargos públicos e orgánicos da comarca di Barbanza.

Comentarios