xoves 24/09/20

A maioría do PP blinda as subvencións públicas a colexios sexistas

[email protected] da formación conservadora na comisión de Educación votan en contra da moción de AGE apoiada por BNG e PSOE en que se pedía o cesamento dos concertos con colexios que segregan por xénero. Seguindo os argumentos que xa dera o conselleiro Vázquez, apelaron á "liberdade"
Alumnas de Las Acacias [Imaxe: SG]
Alumnas de Las Acacias [Imaxe: SG]


"Igual que ninguén defendería un colexio que separase os rapaces brancos dos negros, tampouco é de recibo amparar escolas que non permiten que nenas e nenos estuden xuntos".

Así llo fixo saber o deputado de AGE Ramón Vázquez ao conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, na moción, que se debateu esta terza feira, en que a coalición exixía que se suprimise os concertos cos cinco centros de ensino privados que segregan o alumnado por razón de xénero.

Porén, ao igual que xa fixera en agosto, cando o Tribunal Supremo prohibiu que estes colexios recibisen diñeiro público en Andalucía e Cantabria, o PP volveu apelar desta volta "á liberdade" para votar en contra da iniciativa, apoiada por BNG e PSOE, para retirar a achega de 3 mil euros anuais que recibirían os cinco centros segregacionistas que funcionan na Galiza: Monte Castelao, Las Acacias e Aloya en Vigo; e Montespiño e Peñarredonda na Coruña.

A formación conservadora escudouse máis unha vez nas tres sentenzas que o Tribunal Superior galego ditou a favor da subvención con cartos públicos a colexios que separan por xénero, obviando que ambas resolución foron recorridas perante o Supremo pola parte demandante (CIG, CC OO e UGT) e que o Alto tribunal non se pronunciou aínda. Cómpre lembrar que a Lei Orgánica de Educación, aínda en vigor até que saia adiante a LOMCE que promove o ministro Wert, impide a discriminación por razóns de sexo coas subvencións con cartos públicos.

comentarios