A FPG participará "construtivamente" nos grupos de base do Novo Proxecto Común

A Fronte avoga por un proxecto “en contacto coa cidadanía” e rexeita que o NPC “se prefabrique a porta pechada”
Mariano Abalo, da FPG
photo_camera Mariano Abalo, da FPG

A Fronte Popular Galega (FPG) celebrou nestes días en Redondela a súa Conferencia Nacional, acto no cal “saíu reforzada a aposta pola construción dun novo referente político amplo en defensa dos intereses das clases populares galegas”.A organización independentista sinala que a militancia da Fronte recoñece “a validez da proposta dos grupos comarcais e locais de base arredor do que se vén chamando “Novo Proxecto Común” e adquiriu o compromiso de participar de xeito democrático e construtivo nas asembleas abertas, considerándoas a garantía da representatividade para esta nova ferramenta que habemos de artellar entre todas e todos”.

Iso si, desde a FPG considérase que para que o NPC “sexa algo novo” e poida constituír “unha alternativa real e representativa para as clases traballadoras” debe de xurdir “en contacto coa cidadanía e militancia de base”. Fronte a isto, a FPG contrapón o que califica de “o outro camiño”, que pasaría por “prefabricar o proxecto a porta pechada”, o que vería sendo “máis do mesmo” e “repetirmos erros”.