O PSdeG di que hai áreas sanitarias na Galiza onde non está garantido o dereito ao aborto

A Consellaría de Sanidade cifra en 40% dos abortos na Galiza  realízanse en centros privados

Noa Díaz, concelleira de Educación, Xuventude, Igualdade e Políticas Lingüísticas de Santiago de Compostela (Imaxe: Concello de Santiago de Compostela)
photo_camera Noa Díaz.

Na Galiza 40% das irrupción voluntarias do embarazo (IVE) teñen lugar en centros privados mentres que 60% son na sanidade pública. Este son os datos que ofreceu onte no Parlamento o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, na resposta á pregunta que lle formulara Noa Díaz (PSdeG) sobre a garantía dos dereitos sexuais e reprodutivos da muller. 

O conselleiro afirmou que na Galiza está garantido o aborto en centros públicos "nas sete áreas sanitarias" e expresou a súa oposición á pretensión de que se cree un rexistro de profesionais sanitarios que son obxectores a practicar o aborto. "Non é necesario", apuntou.

A taxa de abortos na Galiza —irrupcións do embarazo por mil mulleres en idade fértil— era en 2021 de 5,7%.

"Neste preocupante contexto de retroceso de dereitos, preocúpanos que o Goberno galego valore pór trabas e non resolver os problemas que teñen as mulleres que queren abortar na sanidade pública galega, algo ao que teñen dereito pero que non está garantido en todo o noso territorio", sinalaba a proposta de Noa Díaz.

Noa Díaz apuntaba que o Ministerio cifraba ao redor do 70% os abortos quena Galiza se practican en clínicas privadas. Tal e como explicou o responsábel do Sergas, o Ministerio si recibe toda a información das clínicas concertadas. Con todo, os servizos de xinecoloxía dos centros públicos, "por volume de traballo, moitas veces non achegan toda esa información".

Díaz lembrou tamén que a norma impide apoiar entidades antiabortistas, "que hoxe son as que máis subvencións reciben nas axudas da Xunta para traballar con mulleres en contextos de vulnerabilidade", denunciou

A portavoz de Igualdade do grupo socialista afirmaba que hai áreas sanitarias na Galiza "nas que non se practican abortos na pública en función da semana de xestación, derivando a centros privados". Sobre isto, instaba o Goberno galego a cumprir "con dilixencia" a reforma da lei, que determina que a rede pública será "de referencia" para que as mulleres que decidan abortar "poidan facelo no centro público hospitalario máis próximo ao seu domicilio".

Comentarios