Se as eleccións se fixesen hoxe, por vez primeira na historia de Catalunya Esquerra Republicana gañaría os comicios. Así o asegura o estudo publicado esta sexta feira polo diarior catalán El Periódico e elaborado polo Gabinet d'Estudis Socials i Opinió Pública (GESOP).
ERC obtería 39-40 representantes --19 máis [email protected] que posúe actualmente-- entrementres a coalición electoral liderada por Artur Mas perdería a presidencia da Generalitat con só 34-35 ecanos. O panorama político após as eleccións celebradas o pasado 25 de novembro, ficaría segundo os resultados tirados por El Periódico substancialmente distinto. Neste senso, só ICV e Ciutatans conseguirían --xunto con ERC-- gañar apoios.
Doutra banda, populares e [email protected] perderían unha importante presenza no arco parlamentar. Unha tendencia que se está a re-producir en boa parte dos inquéritos publicados habida conta da crise do tradicional bipartidismo.
Pola súa banda, as CUP repetirían os resultados obtidos o pasado ano, cando sosprenderon ao conseguir 3 [email protected]