POLÍTICA

Cospedal tamén bota balóns fóra perante o xuíz Ruz

A secretaria xeral do PP confirma que Rajoy pactou persoalmente os privilexios de Bárcenas unha vez foi imputado polo Caso Gürtel. O avogado do ex tesoureiro confirma a existencia de documentos sobre xuntanzas do seu cliente con Arenas en 2012.

María Dolores Cospedal
photo_camera María Dolores Cospedal

De forma semellante ao seus predecesores Álvarez Cascos e Javier Arenas, a secretaria xeral do Partido Popular, María Dolores de Cospedal, asegurou ante o xuíz Ruz que nunca cobrou sobresoldos, que “non lle consta” que existisen antes do seu nomeamento e que a xestión dos ingresos e gastos “corresponde ao tesoureiro do partido”, botando así balóns fóra sobre a súa implicación nos escándalos que atinxen ao PP.

A presidenta de Castela-A Mancha chegou con moito adianto á Audiencia Nacional, onde era esperada por manifestantes en contra -“Cospedal a Soto del Real”, berraban- e tamén militantes das mocidades do PP que a apoiaban de forma organizada. Xa dentro, a dirixente popular recoñeceu que os privilexios que Bárcenas mantivo no PP logo da súa imputación foron acordadas por Arenas e o propio Mariano Rajoy durante unha xuntanza en marzo de 2010.

Por outra parte, o avogado de Bárcenas, Luis Gómez de Liaño, dixo que existe “constancia documental” dunha reunión entre o o seu cliente e o ex secretario xeral do partido Javier Arenas o 14 de decembro de 2012 en Sevilla. No PP temen que se faga público o contido desa conversa e que o mesmo sexa moi prexudicial para Mariano Rajoy.

Máis en Mundo
Comentarios