A vista para aclarar os bens que os Franco non poden retirar de Meirás atrásase a xaneiro

Nun principio, as e os familiares do ditador tiñan a intención de quedar con patrimonio inventariado no interior do pazo como as estatuas de Abraham e Isaac (atribuídas ao Mestre Mateo) e parte da biblioteca de Emilia Pardo Bazán, pois a outra parte está en poder da Real Academia Galega (RAG).
Vista do complexo de Meirás. (Foto: Europa Press)
photo_camera Vista do complexo de Meirás. (Foto: Europa Press)
O Xulgado de Primeira Instancia número 1 da Coruña comunicou esta sexta feira un novo adiamento da vista para decidir cales son os bens que forman parte do Pazo de Meirás e, en consecuencia, non poden ser retirados polos Franco.

Após anunciarse a nova data para analizar a situación para os días 25 e 25 de novembro, volve producirse un atraso.

Neste caso, aclárase que o cambio de datas responde á imposibilidade do avogado da familia do ditador para acudir pois xa tiña un sinalamento, previamente notificado, o 25 de novembro.

En consecuencia, non será polo menos até os días 13 e 14 de xaneiro do ano próximo cando se aclare cales son os elementos que poden levar os Franco.

Nun principio tiñan a intención de quedar con patrimonio como as estatuas de Abraham e Isaac (atribuídas ao Mestre Mateo) e parte da biblioteca de Emilia Pardo Bazán que continúa no inmoble.

Non será polo menos até os días 13 e 14 de xaneiro do ano próximo cando se aclare cales son os elementos que poden levar os Franco.

No pasado incluso chegaron a enviar unha empresa de mudanzas ao complexo situado no municipio de Sada, pero atopáronse coa negativa de paso.

O xuízo polas cuestións incidentales ao respecto dos bens será en xaneiro, ás 9.30 horas, no antigo edificio da Audiencia Provincial da Coruña.

Polo de agora sábese que o Estado reclamou un total de 133 elementos e son 55 sobre os que discute a propiedade real coa familia Franco. Outros 49 bens deberían ter, segundo as administracións públicas, a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC).

Comentarios