Proposta para retirar as distincións da Deputación de Pontevedra a Franco e Calvo Sotelo

O deputado de Cultura e Lingua, Xosé Leal, presentou este 18 de xullo no rexistro a proposta de revogación dos recoñecementos a Calvo Sotelo e a varias personalidades do réxime franquista.

Franco e Fraga
photo_camera Franco e Fraga

O 1 de abril de 2016 o pleno da Deputación de Pontevedra aprobaba por unanimidade unha moción do BNG sobre a memoria histórica, moción na que había unha referencia expresa a “anular ou suprimir” os acordos e símbolos que reflectisen a adhesión da entidade á ditadura franquista. En cumprimento de dito acordo, o deputado de Cultura e Lingua, Xosé Leal (BNG), presentou esta segunda feira, 18 de xullo, 80 aniversario do golpe de estado, unha proposta. Na mesma pídese revogar seis acordos adoptados pola Deputación de Pontevedra na década dos 50 e 60 da década pasada.

O primeiro deles data de xullo de 1950 e polo mesmo noméase Fillo Predilecto a José Calvo Sotelo, ministro de Facenda na ditadura de Primo de Rivera e un dos dirixentes da dereita durante a II República española. Asasinado en 1936, o franquismo honrouno como “Protomártir de la Cruzada”.

Outro acordo do que se solicita a revogación é de xullo de 1951 e polo mesmo nomeábase Fillo Adoptivo a José Solís, andaluz, ministro franquista, gobernador vivi de Pontevedra e coñecido como 'O sorriso do réxime'. Recomedou que nos colexios houbese “máis ximnasia e menos latín”. Un outro acordo, o 30 de xaneiro de 1960, concedíalle a medalla de Ouro.

O 28 de agosto de 1952 a Deputación de Pontevedra proclamaba Francisco Franco como “presidente perpetuo”. En 1963 declaraba a entidade provincial fillo adoptivo da provincia a Pedro Nieto Antúnez, ministro na ditadura franquista. E nese mesmo ano a Deputación concedíalle a medalla de Ouro á Sección Feminina da Falange Española.

Máis en MEMORIA E HISTORIA
Comentarios