As II Xornadas de Memoria Histórica de Pontevedra agotan as prazas dispoñíbeis

A actividade organizada pola Deputación, na que tamén se pretende unha “loita contra a impunidade”, poderá seguirse por internet. Un dos temas a tratar será a devolución ao pobo do pazo de Meirás, imposta aos Franco esta semana por sentenza.

Meirás, franco, europa press
photo_camera Un dos temas que se abordará será a loita polo pazo de Meirás (Foto: M. Dylan / Europa Press)
A Deputación de Pontevedra realizará aos días 11 e 12 de setembro as II Xornadas de Memoria Histórica. Na loita contra a impunidade” a pesar das dificultades de protocolo e xa logrou agotar as 125 cadeiras dispoñíbeis para acudir aos relatorios e debates de forma presencial.

O evento, que vai decorrer no Pazo da Cultura da cidade, ía ter capacidade só para un centenar de persoas. Mais segundo a deputada de Memoria Histórica, María Ortega, foi preciso ampliar o espazo debido á demanda. No entanto, a visita á illa de San Simón estará limitada a 100 participantes.

Aínda así, coa previsión de que o sitio será pouco para o interese que xenera esta cuestión no país, a representante anunciou esta sexta feira que se habilitará un canal en streaming para seguir as sesións en directo a través da internet.

“Continúan a chegar solicitudes e hai moita xente de fóra da Galiza que quere participar”, xustificou Ortega.

Este ano o título será A Transición: outro discurso é posíbel e achegará até Pontevedra, e até todo o mundo. “Está a ser todo un éxito de convocatoria grazas á súa temática e ao interesante programa de relatoras e relatores”, afirmou a deputada.

Na programación entrarán a doutora en Ciencias Políticas e Socioloxía da Complutense, Ángeles Díez, e o autor do libro Galicia en Transición, Xulio Padra. Este falará dunha perspectiva de país mentres que Díez centrará a súa intervención no punto de vista político e os vestixios do franquismo que quedan na sociedade.

Ortega lembrou que o obxectivo desta cita é analizar como se pasou da dictadura á democracia no 78 cun discurso pactado, homoxéneo e acrítico coas institucións e organismos implicados amosando as súas eivas

Sobre a presión nos tribunais falará a deputada da Coruña Goretti Sanmartín, impulsora pro devolución do pazo de Meirás, e o profesor da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e responsábel do informe xurídico da propiedade, Xabier Ferreira.

Ortega, que foi moi crítica coas políticas que dan as costas á memoria, engadiu que na primeira xornada intervirán Matías Rodríguez, Luís Bara (que falará de políticas públicas a nivel galego) e Enriqueta Otero, a presidenta da Asociación pola Recuperación da Memoria Histórica de Marín e filla de Eduardo Otero Molas, preso en San Simón, que disertará sobre a loita civil pola memoria das vítimas.

Axenda do día 12 de setembro

O día 12 de setembro estará en Pontevedra Cristina Fallarás, unha figura que pon en dúbida o papel dos medios de comunicación no relato da Transición. Participarán logo Paloma García, Jacinto Lara, Irene Francés e Jana Calero, catro integrantes do equipo de maxistrados da querela arxentina.

Tamén se fará un acto de homenaxe ao represaliado Chato Galante, que faleceu este ano “ao que levamos con nós e agradecemos todo o que nos achegou, sendo o responsable e pai ideolóxico das I Xornadas que celebrou esta Deputación, animando a traballar na loita contra a impunidade”.

Para fechar esta edición tan intensa, Ortega anunciou unha mesa redonda con Tareixa Navaza dende a prensa; Margarita Ledo dende o cine; Xurxo Souto na música da transición; Santi Cortegoso no teatro ou o propio Alberto San Juan, que fará un monólogo sobre a monarquía titulado ‘Autorretrato de un joven capitalista’.

Comentarios