A Granxa Provincial de Lugo seguirá a levar o nome dun gobernador franquista

BNG lamenta que PP e PSdG votasen xuntos para manter as honras a Gayoso Castro, “presidente da Deputación durante o franquismo e colaborador das colectas para financiar aos sublevados no 36”.

gayoso castro

O centro de recría que a Deputación de Lugo ten en Castro de Rei seguirá a levar o nome de Gayoso Castro, un nome vinculado ao fraqnuismo.

O grupo provincial do BNG lamenta que PP e PSdG “votaen en contra da moción para retirar da denominación da granxa provincial de Castro de Ribeiras de Lea o nome do que fora presidente da Deputación de Lugo entre 1941 e 1946, José Gayoso Castro”.

"Non se podía ser cargo dun goberno asasino e fascista, sen defender os seus valores", expuxo o deputado nacionalista que denunciou "o branquexamento do franquismo que nos queren propoñer aquí".

Populares e socialista, critican os nacionalistas, coincidiron en rexeitar a proposta do BNG e manter esta honra a Gayoso Castro, “membro da Falanxe e colaborador nas colectas que se realizaron para financiar aos sublevados, tal e como expuxo no pleno o voceiro nacionalista, Efrén Castro”.

O Deputado de Recursos Sostibeis, Roberto Fernández Rico, explicou que a Lei 52/2007 do 26 de decembro, Lei de Memoria Histórica, non indica que haxa que condenar de maneira xeral e automática a todos e cada un dos cargos políticos dos 40 anos de ditadura. “Avaliando as decisións e información que temos de José Gayoso Castro, e tendo en conta a finalidade da Lei, non atopamos relación nin coñecemos datos que relacionen este proxecto e a posible implicación directa de Gayoso Catro na sublevación", segundo recolle Lugo Xornal. 

"Non se podía ser cargo dun goberno asasino e fascista, sen defender os seus valores", expuxo o deputado nacionalista que denunciou "o branquexamento do franquismo que nos queren propoñer aquí", manifestou o nacionalista Efrén Castro

Máis en MEMORIA E HISTORIA
Comentarios