Palabras con memoria: a lingua presta

Nova edición de 'Palabras con memoria' de Ramiro Torres.
Mazarocas de millo amarelo da variedade 'Tui'. (Foto: CSIC).
photo_camera Mazarocas de millo amarelo da variedade 'Tui'. (Foto: CSIC).

bolsa de auga.- Ameixa coñecida vulgarmente por xaponés.

Lugar de escoita.- Ferrolterra.

Fonte.- Xosé Luís Martínez Pereiro.

 

millaxe.- Millo sementado moi xunto coa finalidade de segalo facilmente e antes de que creza moito para alimentar o gando na corte.

Exemplo.- “Botei unha pouca de millaxe nesa veiga. A ver se o porco bravo non me dá cabo dela.”

Lugar de escoita.- Santa María de Taboexa (As Neves).

Fonte.- María Isabel Fernández Vidal.

outono.- (Ademais de significados xa rexistrados) Acio de uvas que non está medrado na época da vendima.

Exemplo.- “Deixa os outonos sen vendimar que xa os comeremos cando veñamos apañar o millo.”

Lugar de escoita.- Arbo.

Fonte.- Pedro Salgueiro Sexto.

peniscas.- Pelas das patacas.

Exemplo.- “Lévalles as peniscas ás vacas.”

Lugar de escoita.- Montouto e Labrada (Abadín).

Fonte.- Otilia Gil Díaz e Elsa Prieto Fernández (avoas de Lucía Rouco Souto).

Outros apuntamentos.- Enviada por Juncal Martínez, do IES Leiras Pulpeiro de Lugo.

zurullo.- (Ademais doutros significados xa rexistrados) Froitas de carabuña, do tipo da ameixa.

Exemplo.- “Aquela carabuñeira moitos zurullos deu este verao.”

Lugar de escoita.- Trazarís (A Estrada).

Fonte.- Antía Loureiro.

Comentarios