CONTA ATRáS PARA O 8F

O BNG expresa o seu apoio á manifestación de Queremos Galego

O BNG fai un chamamento á cidadanía para que participe na manifestación do 8F convocada por Queremos Galego, con independencia “da súa cor ideolóxica”. 

Xavier Vence e Marcos Maceira
photo_camera Xavier Vence e Marcos Maceira

O portavoz nacional do BNG, Xavier Vence mostrou o seu apoio á convocatoria do 8F de Queremos Galego e animou á participación despois dun encontro co presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Marcos Maceira. 

Denunciou Vence que o idioma recibe hoxe un 70% menos de recursos e ten menos presenza no ensino polo que definiu como política “lingüicida” do PP desde a Xunta ao tempo que fixo un chamamento á cidadanía para que asista a mobilización como mostra da vontade do país para evitar que o idioma “esmoreza”. 

A campaña de ignominia de Feijóo

“Feijóo chegou ao goberno da Xunta en 2009 upado por unha campaña ignominiosa en base imposición do galego e, desde entón, afondou no desprestixio, no abandono e na exclusión da lingua do país”, sinalou Vence que situou o decreto do plurilingüísmo ou o recorte do 70% en axudas a promoción do galego como dous claros exemplos da política lingüística do PP no goberno galego que non dubidou en poñer un exemplo próximo para demostrar o retroceso do galego, o da súa filla escolarizada nun instituto público no que recibe a maior parte do ensino en español. 

Como “unha boa oportunidade para empezar a recompoñer a desfeita deste Goberno e demostrar que o galego non é unha lingua a tempo parcial”, definiu no encontro o presidente da MNL a convocatoria do vindeiro 8F en Compostela mentres esixiu, máis unha vez, que se faga efectiva a  normativa e a lexislación aprobada e convidou ao goberno a “abandonar a axenda oculta” que elimina o seu cumprimento.

Un regueiro de apoios

Nestes días están a se producir un reguerio de apoios a manifestación do #8F a través de diversos formatos. Desde Anova ou a CUT até as MNG ou Mocidades Nacionalistas, entre outras. Apois que aumentan a medida que se aproxima a data.

Comentarios