A RAG inclúe no seu dicionario as palabras 'Trans' e 'Cis'
A Real Academia Galega (RAG) incluiu esta quinta feira na versión dixital do seu dicionario as palabras 'Trans' e 'Cis'.
Múltiples asociacións a prol dos dereitos das persoas trans viñan reclamando desde hai tempo que a RAG incluíse estes termos para axudar a popularizalos e estender o coñecemento sobre eles.
A RAG define 'Trans' (na súa forma de adxectivo) como unha persoa "que ten unha identidade de xénero distinta á que lle foi atribuída ao nacer en función do seu sexo".
Como substantivo, a RAG define 'Trans' como "persoa que ten unha identidade de xénero distinta á que lle foi atribuída ao nacer en función do seu sexo".
'Cis'
Pola súa parte, a Academia define a palabra 'Cis' como "persoa que se recoñece na identidade de xénero que lle foi atribuída ao nacer en función do seu sexo".
Desde a organización xuvenil do BNG, Galiza Nova, congratuláronse desta inclusión e animaron o "resto de dicionarios da nosa lingua a facer o mesmo".
Desde Galiza Nova lembran que esta era unha reivindicación de longo tanto da propia organzación como no colectivo LGBT.