Yousaf é nomeado como novo líder do SNP e substituirá Sturgeon

Será elixido como primeiro ministro de Escocia.
Humza Yousaf durante a campaña interna do SNP, en marzo. (Foto: Andrew Milligan / Pa Wire / Dpa)
photo_camera Humza Yousaf durante a campaña interna do SNP, en marzo. (Foto: Andrew Milligan / Pa Wire / Dpa)

A secretaria nacional do Partido Nacional Escocés (SNP), Lorna Finn, trasladou esta segunda feira os resultados das primarias da formación para escoller a persoa que substituirá Nicola Sturgeon á fronte do partido e de Escocia. Case 70% das e dos militantes participaron nun proceso no que Humza Yousaf saíu vencedor na primeira e na segunda rolda, na que superou Kate Forbes por pouco máis de 2.000 votos.

Prevese que o até o de agora ministro de Sanidade territorial sexa nomeado primeiro ministro de Escocia hoxe nunha votación na sede do lexislativo. Nunha campaña interna na que se puxo en cuestión tanto a liña política da formación como a vía para alcanzar a independencia do país, Yousaf estaba considerado o candidato máis próximo a Nicola Sturgeon e ás políticas progresistas que puxera en marcha, e foi apoiado por boa parte dos deputados.

Nese sentido, o nacionalista escocés anunciou que o seu primeiro acto como líder do país será impulsar unha cimeira contra a pobreza para debater como utilizar os impostos sobre o patrimonio para financiar a loita contra a pobreza.

Comentarios