A Xustiza saca da lista do PP Toni Cantó e Agustín Conde ao consideralos "inelixíbeis"

A decisión do tribunal e firme, aínda que cabe recurso ante o Tribunal Constinucional.
Isabel Díaz Ayuso e Toni Cantó nun acto de precampaña. (Foto: A. Martínez Vélez. Pool / Europa Press).
photo_camera Isabel Díaz Ayuso e Toni Cantó nun acto de precampaña. (Foto: A. Martínez Vélez. Pool / Europa Press).

O xulgado do contencioso administrativo número 5 de Madrid acordou que o ex portavoz de Cidudadanos nas Cortes Valencianas Toni Cantó e o ex alcalde de Toledo Agustín Conde sexan excluídos da lista electoral do PP ao consideralos "inelexíbeis".

Así consta na sentenza, que dá resposta á denuncia interposta polo PSOE sobre a candidatura, unha resolución firme que pode ser recorrida ante o Tribunal Constitucional.

Recurso

O PSOE madrileño interpuxo un recurso contencioso administrativo contra o acordo da Xunta Electoral Provincial de Madrid, que aceptou a lista da candidata do PP, Isabel Díaz Ayuso, malia a denuncia previa dos socialistas ao incluír a Toni Cantó e Agustín Conde.

Segundo argumentaban no recurso, "a condición de elector e elixíbel, non se produciu, non só non antes do 1 de xaneiro senón unha vez convocadas as eleccións despois do 11 de marzo".

Ademais, di, "os cambios de empadroamento entre distintas circunscricións electorais con data posterior ao feche censual do 1 de xaneiro de 2021 non poden considerarse de cara ao proceso electoral en curso para as eleccións do 4 de maio de 2021, sen que aqueles que, por tanto, non poidan reunir a condición de electores, poidan reunir a condición de elixíbeis, concorrendo neles causa de inelixibilidade".

Así mesmo, para o PSOE "o mero cambio de residencia despois do feche do censo non ten efecto algún para revestir os candidatos da condición de elector nin de elixíbel".

Non elixíbeis

Toni Cantó empadroouse en Madrid o día 22 de marzo e Agustín Conde, catro días máis tarde. Ambos os dous, cando Díaz Ayuso xa convocara as eleccións e tres meses despois do feche do censo. Segundo recoñece o tribunal no seu auto, ninguén que non teña o seu domicilio en Madrid desde antes do 1 de xaneiro de 2021 pode votar nin ser elixido nas eleccións do vindeiro 4 de maio.

Comentarios