Venezuela emite unha orde de arresto conta Juan Guaidó por un roubo de 20.000 millóns de dólares

Segundo o documento que expón os delitos de Guaidó, el e un grupo dos seus partidarios, a través dun esquema de "goberno interino", obtiveron acceso aos activos nos EUA das filiais da empresa petroleira Petróleos de Venezuela (PDVSA) e utilizáronos para o seu propio enriquecemento.
Juan Guaidó (Imaxe: Didier Bauweraerts / European Parliament / dpa)
photo_camera Juan Guaidó (Imaxe: Didier Bauweraerts / European Parliament / dpa)

O Ministerio Público de Venezuela emitiu unha orde de arresto contra o opositor Juan Guaidó tras a publicación dun documento dunha Corte Federal dos EUA que revela delitos perpetrados polo ex deputado, afirmou o fiscal xeral do país latinoamericano, Tarek William Saab.

"Designamos os fiscais 77, 73 e 74 con competencia nacional, para ditar orde de aprehensión e a respectiva alerta vermella a Interpol, para que este suxeito pague por estes delitos que hoxe coñece e difunde a xustiza de EUA", declarou Saab.

Segundo o documento que expón os delitos de Guaidó, el e un grupo dos seus partidarios, a través dun esquema de "goberno interino", obtiveron acceso aos activos nos EUA das filiais da empresa petroleira Petróleos de Venezuela (PDVSA) e utilizáronos para o seu propio enriquecemento.

Como resultado, o desfalco alcanzou a uns 20.000 millóns de dólares e a filial de PDVSA no país norteamericano, a refinería petroleira estatal venezolana Citgo, foi confiscada polo Goberno estadounidense.

A Fiscalía venezolana proponse investigar este e outros delitos do grupo liderado por Guaidó.

28 causas

Así, Saab comunicou que foron abertas 28 causas contra o ex deputado e os seus cómplices polos delitos de traizón á patria, usurpación de funcións, proveito e distracción de diñeiro e valores públicos, lexitimación de capitais, asociación para delinquir e outros cargos.

"A partir deste instante, facemos os trámites e esperamos a colaboración penal internacional, para que este suxeito sexa entregado a Venezuela, para que pague ante a xustiza, para determinar todas as propiedades que puideron ser adquiridas polos integrantes do goberno interino co diñeiro roubado á nación", sostivo o fiscal xeral.

Comentarios