Sardeña oficializa a lingua sarda por primeira vez na súa historia

lingua sarda sardeña
photo_camera Pintada a favor do sardo: "Fala na túa lingua"

Sardeña aproba, por primeira vez na súa historia, unha lei para a regulación integral do sardo e outras linguas que se falan nesta illa mediterránea baixo soberanía italiana, como o catalán de Alguer. A nova lei foi aprobada no Consello Rexional con 25 votos a favor e 20 en contra e ten como función “conceder tanta protección como sexa posíbel” ao sardo. Trátase de garantir un estatus oficial para a lingua propia da illa e tamén garantir a transmisión  da competencia lingüística entre xeracións.

Paolo Zedda, conselleiro rexional , defendeu que isto era un primeiro paso no “camiño cara a una administración pública bilingüe”. Con esta lei, o sardo entra no ensino a e fixaranse subvencións e axudas aos medios de comunicación en sardo. Ademais, daranse os pasos para intentar que haxa un estándar lingüístico e unha norma ortográfica do sardo.

O Consello destinará 3,2 millóns de euros en 2019 para promover o sardo, una cantidade que en 2020 elevarase a 3,3 millóns. “É un feito histórico porque a lingua é a identidade máis sentida dun pobo”, manifestou a responsábel de Cultura, Giuseppe Dessena.

Comentarios