Rusia toma a estratéxica cidade de Márinka tras un ano de combates

A localidade era un dos enclaves militares máis importantes do exercito Ucraína.

O presidente ucraíno Volodimir Zelenski o pasado domingo. (Foto: Presidencia de Ucraína / Europa Press / Contacto)
photo_camera O presidente ucraíno Volodimir Zelenski. (Foto: Presidencia de Ucraína / Europa Press / Contacto).

A estratéxica batalla de Márinka, situada na república popular de Donetsk, resolveuse na segunda feira en favor de Rusia. O importante enclave militar cambiou de mans tras un ano de loita. Ucraína tiña convertida desde 2015 esta cidade de perto de 10.000 habitantes nunha das principais bases do seu Exército.

Precisamente, Márinka xogou un papel chave na estratexia militar de Ucraína desde 2015. Se durante as primeiras fases do conflito foi empregada como punta de lanza nas ofensivas contra a cidadanía da República Popular de Donestk, a partir da intervención rusa de 2022 pasou a ser unha das máis significadas fortalezas defensivas de Ucraína na primeira liña de fronte.

Tanto é así que durante moi tempo, o Goberno de Volodímir Zelenski presentouna como unha localidade inexpugnábel.

A significación da batalla de Márinka e o seu carácter estratéxico explican a reacción das autoridades rusas da segunda feira. Neste sentido, o ministro de Defensa de Rusia, Serguéi Shoigú, sinalou que “o transcurso de accións ofensivas activas e os destacamentos de asalto do grupo Sur liberaron hoxe completamente a localidade de Márinka, ao suroeste de Donetsk”.

Shoigú

Shoigú indicou que “ao longo dos últimos anos, as forzas armadas de Ucraína converteron Márinka nunha verdadeira fortificación con pasaxes subterráneas e defensas contra ataques aéreos e de artillaría”. A este respecto, asegurou que “cada unha das máis de 3.000 vivendas de Márinka eran un punto extremadamente fortificado, por iso a súa toma reduce as capacidades defensivas de Ucraína e mellora as de Rusia”.

Segundo o Kremlin, Rusia lanzou a operación militar especial en Ucraína en resposta á solicitude das repúblicas de Donetsk e Lugansk.

Ucraína, pola súa parte, negou o alcance da actuación. "Non é correcto dicir que as tropas rusas se apoderaron de Márinka", dixo o portavoz militar Oleksandr Shtupun, que asegurou que "as nosas forzas están dentro da cidade".

Comentarios