Eleccións Europeas 9-X

Os resultados das eleccións europeas 2024, en directo: sigue en tempo real todas as actualizacións

Sigue en 'Nós Diario' todas as actualizacións de datos durante a noite electoral.

Os resultados das europeas, en tempo real, en 'Nós Diario'.
photo_camera Os resultados das europeas, en tempo real, en 'Nós Diario'.

As primeiras enquisas a pé de urna dan a vitoria á extrema dereita en Austria e o segundo posto en Alemaña. No primeiro caso, o xenófobo Partido Liberal de Austria (FPÖ) ascendeu até o primeiro posto cun 27% dos votos, segundo a proxección de tendencias presentada pola televisión pública ORF, por diante dos conservadores do Partido Popular Austríaco (ÖVP), do chanceler Karl Nehammer, que obtiveron 23,5%.

A coalición Unión Demócrata Cristiá (CDU)/Unión Social Cristiá (CSU) foi a opción máis votada nas eleccións ao Parlamento Europeo en Alemaña (29%), segundo enquisas a pé de urna que prognostican un afundimento do partido ecoloxista Os Verdes. O segundo partido en votos sería segundo este estudo o ultradereitista Alternativa para Alemaña (AfD), que lograría ao redor de 16,4%, o que supón un importante ascenso con respecto ao 11% de hai cinco anos.

Na seguinte infografía interactiva podes consultar, en tempo real, os datos das enquisas a pé de urna e o escrutinio en cada estado da Unión Europea.

Comentarios