O Reino Unido asina un novo pacto para enviar migrantes a Ruanda esquivando a decisión do Supremo

Londres endurece os criterios migratorios e veta o reagrupamento familiar de traballadoras no sector dos coidados.
O británico Cleverly (Interior) e o ruandés Biruta (Exterior), hoxe. (Foto: Ben Birchall / PA Wire / DPA)
photo_camera O británico Cleverly (Interior) e o ruandés Biruta (Exterior), hoxe. (Foto: Ben Birchall / PA Wire / DPA)

O titular de Interior británico, James Cleverly, aterrou hoxe en Ruanda, onde asinou un novo tratado para enviar ao país africano persoas que soliciten asilo no Reino Unido, no marco do plan do primeiro ministro Rishi Sunak para sortear a decisión da Corte Suprema de Londres en novembro, que sentenciou como ilegal o programa por non estar garantido que se respecten os seus dereitos humanos unha vez expulsadas a Ruanda.

En paralelo, aprobarase unha nova lexislación no Parlamento británico que cualifique Ruanda como un país seguro para enviar as persoas migrantes. O ministro de Inmigración, Robert Jenrick, insistiu en que as persoas que cheguen ao Reino Unido sen regularizar serán expulsadas a Ruanda antes de decorrer as vindeiras eleccións xerais.

Antes da viaxe foi anunciado un endurecemento dos criterios para poder migrar ao Reino Unido, que contempla a prohibición do reagrupamento familiar de traballadoras e traballadores no sector dos coidados ou o incremento a 45.000 euros do salario anual que debe ter unha ou un profesional cualificado para obter un visado de traballo.

Comentarios