Profesións que a COVID-19 fixo de risco

Os traballadores e traballadoras que desenvolven empregos de baixa cualificación engrosan en maior medida as taxas de mortaldade pola COVID-19, afirma a Oficina de Estatísticas Nacionais (ONS) do Reino Unido.
Bus_autobús_plan_de_transporte
photo_camera Os choferes de autobús están entre as profesións de risco (commons.wikimedia.org)

Os traballadorese traballadoras que desenvolven empregos de baixa cualificación engrosan en maior medida as taxas de mortaldade pola COVID-19, en comparación con outros profesionais, segundo unha análise da Oficina de Estatísticas Nacionais (ONS) do Reino Unido.

Tras analizar as 2.494 mortes relacionadas co coronavirus rexistradas até o 20 de abril entre a poboación traballadora de Inglaterra e de Gales, a ONS comprobou que case dous terzos dos falecidos foron homes, o que encaixa coas estatísticas da enfermidade noutros países.

O organismo analizou as ocupacións dos falecidos e viu que os taxistas, choferes, condutores de autobuses, chefs, asistentes de vendas e traballadores da construción atópanse entre os máis afectados pola pandemia e corren máis risco de morrer.

Ademais, a análise conclúe que as taxas de mortaldade pola COVID-19 "aumentaran significativamente" entre os homes e as mulleres que traballan en atención social, un grupo que inclúe tanto empregados de residencias xeriátricas como empregados de atención domiciliaria.

Os gardas de seguridade e aquelas profesións relacionadas rexistraron unha taxa de mortaldade máis alta, con 45,7 mortes por cada 100.000 persoas, segundo as estatísticas.

Saúde

Mentres tanto, os traballadores da saúde, incluídos os profesionais médicos e de enfermaría, non rexistraron unha taxa de mortaldade significativamente máis alta en comparación con xente da mesma idade e sexo no resto da poboación, detallou a ONS. 

Pola súa banda, entre as mulleres, segundo a análise, só un grupo ocupacional tiña unha taxa de mortaldade máis alta. estatísticamente significativa: coidados, lecer e outros servizos.

Con todo a ONS advirte que os datos recollidos, axustados por idades, deben ser analizados con cautela xa que "non proban de forma concluínte" que as taxas de mortaldade observadas sexan "necesariamente causadas por diferenzas na exposición ocupacional".

Comentarios