A Policía incautouse da pistola dun militar en activo presente nas protestas de Ferraz
A intervención produciuse sobre as 22 horas no filtro de seguridade na rúa Marqués Urquijo que cada noite dispón a Policía na zona desde hai dúas semanas.
Os axentes incautáronse da arma coa súa guía de pertenza (documento que identifica a arma) e a TIP (Tarxeta de Identificación Profesional).
A Policía propuxo por estes feitos unha sanción por infracción a Lei Orgánica 4/2015 de Protección da Seguridade Cidadá, coñecida popularmente como Lei mordaza.
Dúas semanas de protestas
Este sábado tivo lugar a décimo sexta xornada de protestas nas inmediacións de Ferraz. A concentración reuniu unhas 1.500 persoas, segundo a Delegación do Goberno.
Ao redor das 23 horas, a Policía española comezou coas cargas aos manifestantes encapuchados máis radicais que se atopaban en primeira fila, despois de que empezasen a patear e envorcar os valos que protexían a sede do PSOE en Ferraz.
Detencións
A Policía española detivo a seis homes, todos maiores de idade, durante a concentración en protesta pola Lei de amnistía, informou a Delegación de Goberno en Madrid.
En concreto, dous dos detidos foron arrestados por desordes públicas e atentado a axente da autoridade, un por desordes públicas e os outros tres por atentado, resistencia e desobediencia aos axentes e ameazas.