Despois do rebumbio xerado o transcender que o informe do órgano sobre o Anteproxecto de Lei de memoria histórica consideraba que a norma vulneraba a liberdade de expresión por pór coto a apoloxía do franquismo avalada legalmente, o Consello Xeral do Poder Xudicial terá que tomar unha decisión a partir de mañá, cando analicen o documento.
No informe, as vogais Roser Blanch e Wenceslao Olea afirman que a apoloxía franquista de determinadas fundacións está amparada pola lei en tanto non se humille ás vítimas.
Nun primeiro intre, nin Blanch nin Olea foron designados para desenvolver o informe, mais a falta de consenso entre as dúas persoas que foras electas anteriormente obrigou o Goberno das xuízas e xuíces a optar por elas para impulsar a elaboración do texto.
Entre os reparos que as redactoras puxeron a proposta da vicepresidenta primeira e ministra de Presidencia, Relación coas Cortes e Memoria Democrática, Carmen Calvo, está o papel da Fiscalía e que a apoloxía do franquismo sirva como causa de extinción de fundacións ou asociacións, pedindo precisar máis este precepto na lei.
Tamén cuestiona a extinción de entidades que “non persigan fins de interese xeral ou realicen actividades contrarias”.
Tutela asimétrica
Outra das preocupacións de Blanch e Olea e que o texto do Goberno do Estado xere unha tutela “asimétrica” das violacións de dereitos humanos nese período histórico, e dicir, que se protexan máis as vítimas -maioritarias- provocadas polo bando franquista na guerra civil española e na ditadura que a seguiu.
O proxecto de Lei encabezado por Calvo conseguiu superar o ditame do Consello Fiscal en abril grazas ao voto da fiscal xeral do Estado, Dolores Delgado.